19/10/10

INTERVENCIÓNS, XORNADA UN


LECTURA DRAMATIZADA, ANA DUARTE


Saliento Jorge Silva Melo escribiu o monólogo "Fala da Criada dos Noialles (que a fin de contas vamos descobrir chamarse tamén Séverine numa noite do Inverno de 1975, em Hyères) escrito para a actriz Elsa Galvão em 2007 e nele incorporase a "Cantiga da Harmonia Conjugal ou a Arte não serve para nada" interpretado por Vânia Rodrigues. 
Unha peza escita a partires dun óleo fechado en 1750 de HOGARTH, titulado Franz Matheuw Schulz in his bed.
En esencia estamos a falar dun discurso intimista e descriptivo que percorre a quietud a través das recurrencias e as anáforas, e que foi posto en escena por última vez na Culturgest de Porto, en 2010.
A proposta de Ana Duarte para a JAM é unha lectura dramatizada, unha invitación a compartir o texto a través dun acercamento sincero e sinxelo á estética deste autor portugués.
-

PERFORMANCE, MARIO TOMÁS

A imaxinación é o arma principal de Mario que fai dos obxectos artigos de reflexión compartida. Unha bufanda é o que é pero iso non evita que demos miles de voltas.

-

AO PIANO, DAVID

Ao piano, David non é David senon o pianista que arrinca cancións unha cafetería traslúcida no medio dunha paisaxe luminosa despois de que despois e antes de que antes oáse a tenue siñal no medio de expectantes miradas de asombro e de envexa.
-

DE TO UN POUCO, JORGE GALLARDO

Improvisar non é fácil, non basta con contar "un pouco" e deixarse levar polo que o público demanda para contar contos coas mans e os dedos das mans, hai que domiñar a situación con gracia, temperanza e destreza, é dicir, como se o que guiásemos fose un cabalo desbocado (o público).
Ao final as palabras eran grazas e adeus?
-

MONÓLOGO, SERGIO AFONSO 

A ironía dramática consiste en esconder ou que vai pasar no chapeu do actor, e se este non ten chapeu no interior das palabras que saen da súa boca, para que o público finalmente non poida adiviñar o que ven despois da intriga (e do lance patético) e sorpréndase co brutal xiro da acción, aínda que ista sexa como a fume de Aquiles.
-

SERPES RUSAS, NOÉ FDEZ

Saíron de entre o público e aceptaron o reto de caerse á vez mentres unha actriz prenada disfrazada de home facía de si mesma cunha pelota na barriga. En fin, saíron e entraron no público como serpe en festas e aceptaron o reto de berrar fronte a idiosincrasia do absurdo en tempos de lóxica imperial, unha e outra vez, preñándose cada vez máis de pelotas sublimes e caendo cada vez mellor e con mais habilidade no mármore. 
E a serpe? Marchou, si, marchou e tragáronlla as fauces dos videntes, anómalos seres que escaparon a la televidencia dos grandes espectáculos.

 

3 comentários:

  1. Hola.
    Soy Ana Duarte.
    Mira,pareceme que se confunde a identificacion do texto que interpretei.
    Saliento Jorge Silva Melo escreveu o monólogo "Fala da Criada dos Noialles ("que no fim de contas vamos descobrir chamar-se também Séverine numa noite do Inverno de 1975, em Hyères") escrito para a actriz Elsa Galvão em 2007 e nele incorporase esta "Cantiga da Harmonia Conjugal ou a Arte não serve para nada" interpretado por Vânia Rodrigues.
    Deixo aqui um Link para espreitar.
    Saludos
    http://www.artistasunidos.pt/fala_da_criada.html

    ResponderEliminar
  2. Unha boa jam, esperamos con interese a segunda!

    ResponderEliminar