26/10/10
19/10/10
INTERVENCIÓNS, XORNADA UN
LECTURA DRAMATIZADA, ANA DUARTE
Saliento Jorge Silva Melo escribiu o monólogo "Fala da Criada dos Noialles (que a fin de contas vamos descobrir chamarse tamén Séverine numa noite do Inverno de 1975, em Hyères) escrito para a actriz Elsa Galvão em 2007 e nele incorporase a "Cantiga da Harmonia Conjugal ou a Arte não serve para nada" interpretado por Vânia Rodrigues.
Unha peza escita a partires dun óleo fechado en 1750 de HOGARTH, titulado Franz Matheuw Schulz in his bed.
En esencia estamos a falar dun discurso intimista e descriptivo que percorre a quietud a través das recurrencias e as anáforas, e que foi posto en escena por última vez na Culturgest de Porto, en 2010.
A proposta de Ana Duarte para a JAM é unha lectura dramatizada, unha invitación a compartir o texto a través dun acercamento sincero e sinxelo á estética deste autor portugués.
-
PERFORMANCE, MARIO TOMÁS
A imaxinación é o arma principal de Mario que fai dos obxectos artigos de reflexión compartida. Unha bufanda é o que é pero iso non evita que demos miles de voltas.-
AO PIANO, DAVID
Ao piano, David non é David senon o pianista que arrinca cancións unha cafetería traslúcida no medio dunha paisaxe luminosa despois de que despois e antes de que antes oáse a tenue siñal no medio de expectantes miradas de asombro e de envexa.-
DE TO UN POUCO, JORGE GALLARDO
Improvisar non é fácil, non basta con contar "un pouco" e deixarse levar polo que o público demanda para contar contos coas mans e os dedos das mans, hai que domiñar a situación con gracia, temperanza e destreza, é dicir, como se o que guiásemos fose un cabalo desbocado (o público).Ao final as palabras eran grazas e adeus?
-
MONÓLOGO, SERGIO AFONSO
A ironía dramática consiste en esconder ou que vai pasar no chapeu do actor, e se este non ten chapeu no interior das palabras que saen da súa boca, para que o público finalmente non poida adiviñar o que ven despois da intriga (e do lance patético) e sorpréndase co brutal xiro da acción, aínda que ista sexa como a fume de Aquiles.-
SERPES RUSAS, NOÉ FDEZ
Saíron de entre o público e aceptaron o reto de caerse á vez mentres unha actriz prenada disfrazada de home facía de si mesma cunha pelota na barriga. En fin, saíron e entraron no público como serpe en festas e aceptaron o reto de berrar fronte a idiosincrasia do absurdo en tempos de lóxica imperial, unha e outra vez, preñándose cada vez máis de pelotas sublimes e caendo cada vez mellor e con mais habilidade no mármore.E a serpe? Marchou, si, marchou e tragáronlla as fauces dos videntes, anómalos seres que escaparon a la televidencia dos grandes espectáculos.
17/10/10
ESCALETTA PRIMEIRA SESIÓN
ARTISTA
TEMPO
FORMATO
ANA DUARTE
10'
LECTURA DRAMATIZADA
MARIO TOMÁS
10'
PERFORMANCE
SUSANA E DAVID
10'
MONÓLOGO
BORJA SALGADO
5'
MÚSICA
JORGE GALLARDO
10'
DE TODO UN POCO, JO, JE!
SERGIO AFONSO
10'
MONÓLOGO
NOE FDEZ
5'
SERPES RUSAS
ANTÍA COSTAS
5'
UNHA MUIÑEIRA
TOTAL
65'
08/10/10
05/10/10
BENVIDOS
A JAM DE CREACIÓN é un espazo para compartir ideas e textos de creación artística en galego.
Pero qué quere dicir “Jam”?
Unha “jam session” é unha reunión informal de músicos de jazz que tocan para o seu propio disfrute, música non ensaiada (da wikipedia).
Entón trátase de tocar música non ensaiada?
Nooooon! Trátase de contacontos, teatro, poesía, performance, canción, técnicas circenses, lectura dramatizada de textos propios ou alleos...
Por qué na cafetaría? Porque queremos que sexa informal, e poder tomar unha bebida cos amigos mentres disfrutamos das actuacións.
Pero é que eu non teño nada preparado...
Tes, non vas ter! Tes ese exercicio que fixeches en clase e que che gustara tanto, tes iso que xa facías antes de entrar na escola (eu que sei, por exemplo, hip-hop), ou unha idea moi boa que se che ocorreu este domingo cando lías o xornal.
Eeeemmm... Sí, pero preparado non está...
Pois entón non o podes presentar nun teatro, pero na “jam de creación”, si. Tes un espazo para crear e un público para compartir ideas, equivocarse, fracasar e continuar a crear polo pracer de entregarse á creación artística.
O luns 18 de outubro será a primeira jam, ás 16.30h. O propósito é que haxa unha jam unha vez ao mes.
LUGAR: CAFETARÍA DA ESCOLA DE ARTE DRAMÁTICA DE VIGO

Subscrever:
Mensagens (Atom)