A JAM DE CREACIÓN é un espazo para compartir ideas e textos de creación artística en galego.
Pero qué quere dicir “Jam”?
Unha “jam session” é unha reunión informal de músicos de jazz que tocan para o seu propio disfrute, música non ensaiada (da wikipedia).
Entón trátase de tocar música non ensaiada?
Nooooon! Trátase de contacontos, teatro, poesía, performance, canción, técnicas circenses, lectura dramatizada de textos propios ou alleos...
Por qué na cafetaría? Porque queremos que sexa informal, e poder tomar unha bebida cos amigos mentres disfrutamos das actuacións.
Pero é que eu non teño nada preparado...
Tes, non vas ter! Tes ese exercicio que fixeches en clase e que che gustara tanto, tes iso que xa facías antes de entrar na escola (eu que sei, por exemplo, hip-hop), ou unha idea moi boa que se che ocorreu este domingo cando lías o xornal.
Eeeemmm... Sí, pero preparado non está...
Pois entón non o podes presentar nun teatro, pero na “jam de creación”, si. Tes un espazo para crear e un público para compartir ideas, equivocarse, fracasar e continuar a crear polo pracer de entregarse á creación artística.
O luns 18 de outubro será a primeira jam, ás 16.30h. O propósito é que haxa unha jam unha vez ao mes.
LUGAR: CAFETARÍA DA ESCOLA DE ARTE DRAMÁTICA DE VIGO
Sem comentários:
Enviar um comentário