27/12/10

ISTO É

Nos lugares menos teatrais é posible que non se poda facer teatro -daquel que todos temos á nosa memoria-, pero ninguén pode negar que algunhas das propostas mais interesantes do teatro que estúdase nos libros de historia do teatro xurdiron en lugares non destinados á teatro.
Tampouco é o caso, neno. Ben, entón direi que o que ninguén pode negar é sinxelamente que nun espazo dedicado a tomar cafés tamén -ademais de poñer por riba da mesa o uso da lingua- pódese probar a facer.
Isto é o que é importante, creo, ou ao menos dame a min tal impresión. Probar á facer.
Probar a facer pode chegar a ser un método empírico de determinar que a nosa vontade como artistas da escena ten un sentido lúdico e vital, probar a facer pode ser unha maneira de tumbar o que pensábamos con prexuizos sobre isto e aquilo, ou poñer en evidencia ao receptor real en loita co receptor ideal. Probar a facer pode ser un atrevimento experimental, unha innovación poética, unha poética política ou simplemente un compartir. Un compartir, especialmente un compartir. Xa, vale, isto é.
Isto é.

J. F.

ASÍ FOI A JAM 3

ANTÍA OMAR MIGUEL. Intervención teatral, happening

SANTI PREGO. Un fabuloso conto.

JULIO FER. Performance.

COMPANY&FARER. Teatro bucólico.

FOTOS TERCEIRA JAM




03/12/10

así foi a segunda JAM


NOÉ FERNANDEZ. Intervención teatral co aparenza de secuestro.

OTI RÍOS. Letura de texto dramático.

XAVIER CASTIÑEIRA. Poema recitado.

JULIO FERNÁNDEZ. Performance.

TONE. Contacontos.