12/11/10

NOVA JAM DE CREACIÓN (2)

Nova JAM DE CREACIÓN o luns 22 de novembro ás 16.30h na cafetaría da Escola.


Como xa sabedes, A JAM DE CREACIÓN é un espazo para compartir ideas e textos de creación artística en galego: contacontos, teatro, poesía, performance, canción, técnicas circenses, lectura dramatizada de textos propios ou alleos, improvisación... en definitiva, crear polo pracer de entregarse á creación artística.

Temos unha folla pegada na parede da cafetaría para apuntarse (no mesmo sitio que na vez anterior).

A primeira Jam foi o 18 de outubro co resultado de que... en fin, se non estiveches nela, non deixes que cho conten e mellor mírao no blog. Aquí atoparás fotos das actuacións e do público, así como videos da primeira jam. Ademáis podes verquer alí os teus comentarios. Tamén podes acceder aos videos da jam no noso canal de you tube http://www.youtube.com/user/jamdecreacion.

Santi Prego

Sem comentários:

Enviar um comentário